A nosa biblioteca

A biblioteca Rosalía de Castro atópase na planta baixa do edificio novo do IES Pazo da Mercé. Trátase dunha sala independente con capacidade para 40 persoas, equipada con mesas, cadeiras, estantes con libros e ordenadores. Tamén dispón dunha sala máis pequena, a disposición do equipo da biblioteca, onde se gardan libros, outros ordenadores, tablets, unha plastificadora e demais material necesario para o mantemento e a actualización da biblioteca.

A biblioteca oferta numerosos servizos.

- Préstamo: co número de usuario, alumnado, profesorado e familia pode acceder a numerosos fondos bibliográficos, dende enciclopedias e material de consulta ata novelas, poesía e banda deseñada. Tamén se conta cunha xa importante colección de discos e películas que se prestan ó alumnado nas fins de semana, e con subscrición a variados xornais e revistas de temática variada: inglés, ciencia, viaxes... Os fondos actualízanse mensualmente coas peticións do alumnado e o profesorado e coas últimas novidades editoriais, para aumentar o interese pola lectura, e para cubrir as necesidades dos departamentos.

- Conexión a internet, e canón para proxeccións audiovisuais.

- Actividades de fomento da lectura, organizadas polo equipo da biblioteca.

- Hora semanal de lectura, tamén organizada polo equipo da biblioteca.

- Programa de formación de usuarios, e de alumnado voluntario.

- Mantemento do blog www.bibliopazo.blogspot.com

Tamén hai unha estreita colaboración co club de lectura do centro e co departamento de normalización lingüística.

Se queres aproveitar estes servizos, ou colaborar coa biblioteca, sempre serás benvido. Anímate!

foto do interior da bibliotecafoto do interior da biblioteca
foto do interior da bibliotecafoto do interior da biblioteca
foto do interior da bibliotecafoto do interior da biblioteca
foto do interior da bibliotecafoto do interior da biblioteca
foto do interior da bibliotecafoto da entrada da biblioteca
foto do interior da bibliotecafoto do interior da biblioteca
 foto do interior da biblioteca