Skip to Content

Actividades no centro

Actividades no centro

1º Campionado de Programación.

O vindeiro 7 de maio terá lugar no noso IES a "Primeira edición do campionato de programación". Con invitación aos centros con CS de DAW/DAM: IES de Teis, IES de Rodeira, IES Armando Cotarelo, CIFP A Carballeira, IES Chan do Monte, IES Ramón Aller

22 marzo 2024 - Fin do segundo trimestre do curso

Estimadas familias, chegamos ó fin do segundo trimestre deste curso 2023/2024:

Hoxe o alumnado levará para a casa o boletín de notas, tamén se publicarán por Abalar ás 15:00.

Desexamos teñades bos días de descanso e desconexión.

Vémonos de volta o martes 2 de abril.

Apertas de todo o persoal que traballa no IES Pazo da Mercé.

Proxecto Azores Solidarios

Ata o Xoves 21 participamos nunha recollida de material escolar para enviar a Merzouga (Marrocos) en colaboración co proxecto de Azores Solidarios, no que tamén colaboran acd_sanomedio @concelloasneves @efaacancela e os outros centros educativos do concello. Entrega a túa aportación en Secretaría. Convidamos a participar a toda a comunidade educativa. Grazas polas vosas aportacións!

Cinema con perspectiva

O pazo convertido nun plató de rodaxe coa xente do @ficbueu e o noso equipo de mediación, dentro do obradoiro "Cinema con perspectiva"

Visita de Carlos Pérez Collazo

O 25 de xaneiro viu ao pazo Carlos Pérez Collazo, docente no Centro Universitario da Defensa (dependente da @universidadedevigo) para falarlle ao alumnado de 3º e 4º da ESO das enerxías renovables mariñas.

Visita de Betty

O 17 de xaneiro visitou o pazo @bettyneves,

Distribuir contido


by Dr. Radut