Skip to Content

Actividades no centro

Actividades no centro

Luns 19 de xuño: Evento Mudoloxía FP Básica


O alumnado de FP Básica do IES Pazo dá Mercé presentou o Evento Mundoloxía da Fp Básica co gallo de transmitir a súa experiencia da vida e habilidade na Fp Básica.

Luns 5 de xuño: Charla ciclos formativos IES A Cañiza.


O profesorado de ciclos do IES A Cañiza deu unha charla ó alumnado de 4º ESO para explicar a oferta de ciclos coa que contan no seu centro.

Martes 16 de maio: Conmemoración Día das Letras Galegas.


Para conmemorar o Día das Letras Galegas celebrouse un acto no IES Pazo da Mercé coa lectura da biografía do homenaxeado de este ano, o escritor galego Francisco Fernández del Riego, por un alumno de 1º de ESO.

Luns 15 de maio: Charla da Garda Civil contra a violencia de xénero.


O alumnado de 2º e 3º de ESO recibiu unha charla da guarda civil contra a violencia de xénero, poñendo de relevancia as situacións nas que se produce este tipo de conductas e concienciando da visualización dos diferentes xeitos nas que ocorre.

Xoves 11 de maio: "Charla co escritor Núñez Singala"


O alumnado de 2º, 3º e 4º ESO recibiu a visita do escritor Manuel Núñez Singala.

Mércores 10 de maio: "Charla Navega con Rumbo"


O alumnado de 1º de ESO recibiu a charla dun especialista en informática dentro do programa "Navega con Rumbo", que está encamiñado a informálos de cara a unha navegación segura, tentando evitar que sexan víctimas de conductas coma o ciberacoso ou outros riscos da rede

Distribuir contido


by Dr. Radut