Actividades no centro

Actividades no centro

Navega con rumbo

O xoves 4 de maio o alumnado de 1º e 2º ESO asistiu á charla que leva por nome Navega con rumbo. Esta inciativa do Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia e a Consellería de Educación pretende achegar aos menores a un uso consciente e responsable de Internet e aborda temas como as redes sociais, o acoso, a suplantación de identidades, o tratamento da identidade dos menores, etc.

Alumnado na charla Navega con rumbo

A escritora Ledicia Costas visita o IES Pazo da Mercé

Visita de Ledicia Costas

Co gallo do día do libro, a escritora Ledicia Costas visitou o noso centro. Falounos do seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta e dunha personaxe deste libro inspirada no seu avó. Alertounos acerca do acoso na escola e nas redes sociais, temática de O corazón de Xúpiter. Tamén nos contou moitas anécdotas da súa vida, da súa familia, do seu traballo... En definitiva, pasamos un rato estupendo. Moitas grazas!

  

Nova semana da froita

Durante esta semana de abril, vólvese celebrar no centro a semana da froita. Esta iniciativa pretende fomentar entre o noso alumnado hábitos de vida saudables e educar na importancia dunha alimentación de calidade. Estades todos convidados durante o recreo a merendar unhas pezas de froita. Esta semana como novidade poderemos gozar cunhas ricas nésperas. Non as deixedes escapar.

Obradoiro de minerais

O pasado 20 de abril o alumnado de 1º ESO participou nun obradoiro sobre minerias a cargo do xeólogo Francisco Canosa. A finalidade do mesmo era o achegamento dos rapaces e rapazas a este apaixonante mundo. Puideron traballar a diferenciación entre minerais e as distintas características de cada un. O alumnado participou moi activamente e gozou amplamente coa experiencia.

Obradoiro de minerais

Obradoiro de minerais

Obradoiro "Rochas de Galicia"

Á volta das vacacións de semana santa o alumnado de 4º da ESO que cursa Bioloxía-Xeoloxía participou nun obradoiro organizado polo departamento de Ciencias. Para a realización do taller "Rochas de Galicia" contamos co xeólogo Francisco Canosa. Magnífica experiencia!!!Alumnado no obradoiroAlumnado no obradoiro
Distribuir contido