Actividades no centro

Actividades no centro

Magosto

O vindeiro venres 4 de novembro celebraremos no centro a tradicional festa do magosto. Será durante as dúas últimas sesións da mañá.

Ademais da propia degustación das castañas asadas, teremos outro ano máis as cucañas. Animádevos a participar!!!

 

O xoves 3 de novembro terá lugar no noso centro a charla " Agricultura e Lingua"

O vindeiro xoves 3 de novembro ás 12h no salón de usos múltiples, está prevista a charla que leva por nome " Agricultura e Lingua", a cargo de Lidia Senra e organizada polo ENDL. Versará sobre a autonomía alimentaria e os acordos transnacionais que se están a negociar en europa e como nos afectarán. 

Celebramos o Día Internacional da Biblioteca

Co gallo do Día Internacional da Biblioteca, o vindeiro luns 24 de outubro, haberá un acto para conmemoralo durante o recreo.

Sesión informativa sobre o Erasmus+

O pasado luns 3 de outubro, de 16:30 ás 18:00, celebramos no centro unha sesión informativa sobre o proxecto Erasmus+ para o alumnado do Ciclo Formativo de Sistemas Microinformáticos e Redes o de Formación Profesional Básica de Informática de Oficina.

Sesión Erasmus+

Distribuir contido