Skip to Content

Actividades no centro

Actividades no centro

Mércores 10 de maio: "Teatro en inglés da obra The Love Show"


Este mércores 10 de maio, o alumando de 2º, 3º e 4º ESO asistiu a representación da obra The Love Show polo artista Stuart McDonald.

Xoves 4 de maio: "Charla co periodista César Lorenzo"


O alumnado de 3º ESO e 1º Bacharelato recibiu a visita do periodista e editor César Lorenzo Gil, que lles falou sobre a novela Frankestein de Mary Shelley e diferentes contos do autor Edgar Allan Poe.

Mércores 3 de maio: "Correlingua en Ponteareas".


O pasado 3 de maio o alumnado de 1° e 2° da ESO desfrutou do correlingua.

Xoves 13 de abril: Charla Vivindo no Deserto 1000 anos atrás


A charla foi impartida polo investigador científico do Instituto de Ciencias do Patrimonio César Parcero-Oubiña. Esta charla describe actuacións arqueolóxicas realizadas nos Andes que amosan como no pasado foron capaces de vivir e cultivar o lugar máis seco do mundo.

Mércores 12 de abril: Charla sobre FP Dual Pedra Natural


O alumnado de 1º Bacharelato e 1º FP Básica recibiu unha charla sobre o Ciclo Formativo FP Dual Pedra Natural que impartiu unha profesora do IES Ribeira do Louro de Porriño

Martes 28 de marzo: Charla sobre o Parlamento de Galicia


Henrique Viéitez e Manuel Pérez visitaron o instituto para explicar o traballo do Parlamento de Galicia. Puidemos coñecer a súa traxectoria política e mantiveron co alumnado de 2° de BACH, 4° e 3° da ESO un interesante coloquio respondendo as súas preguntas e intercambiando opinións

Distribuir contido


by Dr. Radut