Skip to Content

Novas

Novidades

Becas 2023/2024

Becas 2023 2024

Información relevante:

Convocatoria de bolsas do MEFP para o curso 2023/2024

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou no BOE do 17/03/2023 o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Admisión curso 2023/2024

Toda a información Aquí

 

Prazos do proceso de admisión e matrícula:

 

Presentación de reserva no centro adscrito: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

        TODO O ALUMNADO QUE FIXO A RESERVA TEN PRAZA!

Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: 22 de febreiro.

Pódese consultar o listado no taboleiro de anuncios no interior do IES.

Renuncia ao posto no centro adscrito: antes do 28 de febreiro.

--> Presentación da solicitude de admisión: do 1 ó 20 de marzo.

Consulta as PRAZAS VACANTES

Documentación xustificativa dos criterios de baremo: 21 de marzo ao 2 de abril.

Data de publicación da listaxe provisional de admitidos: 25 de abril.

Prazo de reclamacións á listaxe provisional: 26 de abril ao 2 de marzo.

Data de publicación definitiva de admitidos: 15 de maio.

Prazo de formalización da matrícula: 23 de xuño ao 7 de xullo.

Publicada a convocatoria 2023 de acceso a ciclos

Publicada a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Orde do 5 de decembro de 2022

Prazos de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Libros do curso 22/23

NOVO!!!

Listado de libros de lectura de inglés 3º e 4º ESO para o curso 22/23 e enlace á caderno dixital de 2º de Bacharelato. Aquí

En 1º da ESO e en 2º da ESO traballaremos con ordenadores E-Dixgal, polo que non teremos listado de libros.

Recordamos que o centro dispón dun banco de libros para a etapa da ESO e FP Básica polo que recomendamos non comprar NADA ata saber se dispoñemos de libros suficientes para prestar.

Ainda non dispoñemos do listado completo dos libros que mudan pola implantación da nova Lei Educativa. A principios de setembro pasaremos o listado completo.

Sobre o bacharelato podedes descargar o documento completo en PDF neste enlace.

 

 

 

CURSO 2022/2023

Benvid@s ó curso 2022/2023,

Ás clases empezarán este xoves 8 de setembro en horario habitual (de 9:00 a 14:30), para tódolos grupos e etapas, incluído FP.

Poñerémonos en contacto a través de AbalarMóbil con tódalas familias para facer unha sesión de contacto con tódalas titorias dos distintos grupos.

É probable que o mércores 7 fagamos unha reunión presencial coas familias do alumnado que se incorpora a 1º ESO. Confirmaremos horario no AbalarMóbil.

Lembrade que 1º e 2º da ESO traballará cos ordenadores E-Dixgal.

Para o resto de grupos, o profesorado informará, unha vez empezadas as clases, a cada un dos nenos e nenas se teñen que mercar algo (material ou libros).

Moitas grazas e un saúdo de todo o persoal do instituto.

 

Fondo solidario de libros

Xa está dispoñible o listado provisional do alumnado beneficiario do fondo solidario de libros de texto para o curso 22/23.

Podedes consultar no taboleiro do instituto.

Pola Lei de Protección de Datos non se pode dar información por teléfono.

Grazas.

Distribuir contido


by Dr. Radut