Skip to Content

Actividades no centro

Actividades no centro

Martes 17 de xaneiro: Obradoiro da Asociación Arela.


A asociación Arela, dentro do programa Ktorce 18, realizou un obradoiro para o alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de FP Básica.

Luns 16 de xaneiro: Charla sobre doazón e transplantes.


O alumnado de 3º ESO e 1º de Ciclo Medio recibiu a visita de Paula Voga Beiras, Coordinadora Autonómica de Transplantes de Galicia, que explicou ao alumnado a importancia da doazón e transplantes en Galicia.

Venres 13 de xaneiro: Charla sobre Políticas de Igualdade.


Este venres 13 de xaneiro o alumnado de 1º e 2º de bacharelato recibiu a profesora Ángela Fernández Da Silva da Universidade de Santiago que lles explicou o momento actual das políticas de igualdade de xénero e resolveu posibles dúbidas con respecto a este tema.

Mércores 11 de xaneiro: Charla sobre Climatoloxía


O profesor Armand Hernández da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña impartiu unha charla sobre a Historia do Clima da Terra ao alumnado de 4º de ESO.

Premios aos gañadores do concurso de Postais de Nadal


O alumnado do ciclo de Formación profesional básica de Ofimática de Oficina 1º e 2 ano, participaron e compiteron na elaboraron destas bonitas postais para Nadal.

Proxecto Aprendizaxe laboral: Redes


Ou alumnado de 2º de FPB xunto co apoio técnico do profesor Pablo Vasquez, estiveron creando cable Ethernet para conexión a Internet.

Distribuir contido


by Dr. Radut