Actividades no centro

Actividades no centro

Charla coloquio entre Concello e alumnado

O pasado venres 31 de marzo, o alumnado de 3º e 4º da ESO, así como de 1º e 2º de Bacharelato asistiu a unha charla organizada polo equipo de normalización e dinamización lingüística do IES Pazo da Mercé . Para desenvolver esta charla coloquio contamos coa ex alumna Rocío Barreiro e o alcalde de As Neves, e tiña como obxectivo, manter un diálogo fluído coa xente moza sobre ás iniciativas que o Concello está a levar adiante para eles e elas, así como coñecer as demandas que presenta a xuventude da administración máis próxima que é a municipal.Alumnado durante a charlaRepresentantes do concello

Obradoiro con pompas de xabón

O 29 de marzo, estivo con nós José Benito Vázquez Dorrío, Doutor en Física e profesor titular na Escola de Enxeñaría de MInas e Enerxía da Universidade de Vigo. A través dun obradoiro con pompas de xabón e moitos experimentos, explicounos por que se forman as distintas cores nas pompas.

Desfrutamos moito, polo que agardamos poder contar con el para o vindeiro curso.

Alumnado no obradoiro

Semana da froita

Durante esta última semana de marzo, celébrase no centro a semana da froita. Esta iniciativa pretende fomentar entre o noso alumnado hábitos de vida saudables e educar na importancia dunha alimentación de calidade. Estades todos convidados durante o recreo a merendar unhas pezas de froita. Comezamos o luns cuns ricos amorodos, que nos agardará nos vindeiros días?

Celebración do Día de Rosalía

Imaxe do acto na que aparece no fondo Rosalía de Castro

Recitado do alumnado do Club de Lectura

Hoxe, celebramos o Día de Rosalía. No acto, que tiña como destinatario a todo o centro, veuse un vídeo sobre a vida e obra de Rosalía, varios videopoemas realizados polo alumnado e asistimos ao recitado de varios poemas e á lectura dun texto sobre o feminismo en Rosalía de Castro.

Actos do Día da Muller no IES Pazo da Mercé

Concentración na escalinata

Hoxe, Día da Muller, no IES Pazo da Mercé a Comisión de Igualdade organizou unha serie de actos reivindicativos a través dos cales se intentou visibilizar a muller na sociedade e reivindicar unha sociedade máis igualitaria.

Lectura do comunicado
Distribuir contido