Skip to Content

Actividades no centro

Actividades no centro

21 de abril: Charla do IES A Cañiza

O Director Fernando Justo, docente dos ciclos relacionados coa automoción e Eva Blanco, Xefa do Departamento de Xestión Administrativa, amosan as diferentes opcións que se poden cursar no vindeiro curso académico no IES A Cañiza.

24 de marzo: Charla da USC: "La edad media y el cómic"

O profesor de Historia Medieval da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago, Israel Sanmartín, relata a evolución do cómic ata o día de hoxe.

17 de marzo Teatro en inglés

Hoxe o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO disfrutaron dunha Sitcom moi divertida de teatro en inglés, da man da compañía On Stage.

4 de marzo: Charla de Diego Nodar da UVigo

Diego Nodar fala das súas experiencias ó formarse na UVigo, do  útil que resoltou ser a formación e da importancia do traballo e o esforzo persoal para acadar os obxetivos individuais.

3 de marzo: Charla da Guardia Civil de Tráfico de Porriño: "Educación e concienciación vial"

O alumnado que acaba de obter o carnet de conducir e aqueles que están a piques de facelo, reciben unha impactante charla sobre os perigos que agochan as estradas e as precaucións que todo conductor debe ter.

25 de febreiro: Entroido no IES Pazo da Mercé.

Celebración do Entroido coa participación de toda a comunidade escolar, destacando as actuacións de 4º da ESO e do Profesorado emulando ás Tanxugueiras.

Distribuir contido


by Dr. Radut