Skip to Content

Charlas Plan Director para a convivencia

No inicio deste 3º trimestre, o alumnado da ESO asistiu as charlas solicitadas desde o Departamento de Orientación, ao Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos. O Plan, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa. Así, o alumnado de 1º e 2º da ESO recibiu información sobre o bo uso das novas tecnoloxías, mentres que o alumnado de 3º e 4º da ESO sobre prevención de drogodependencias.

 



page | by Dr. Radut