Skip to Content

Visita á 2ª Feira de Ensinanzas Profesionais e Artísticas (Ponteareas)

O alumnado de 4º da ESO e 2º de Formación Profesional Básica de Informática de Oficina visitaron o pasado 5 de febreiro de 2019, a II Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Ponteareas. Alí puideron coñecer de primeira man a oferta académica de diferentes centros educativos da contorna, como: CIFP A Granxa, IES Pedra da Auga, CIFP Manuel Antonio, Escola de Cantería de Pontevedra, Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADG), Escola Oficial de Idiomas – IES Val do Tea, así como aos nosos veciños do CPR EFA A Cancela e aos propios compañeiros/as de Formación Profesional que participaron na Feira dando a coñecer os ciclos formativos do IES Pazo da Mercé.

 



page | by Dr. Radut