Skip to Content

Visita á Universidade de Santiago de Compostela

O alumnado de Bacharelato, visitou o pasado martes 12 de febreiro de 2019, a Universidade de Santiago de Compostela (USC). Actividade que se encadra dentro do Plan de Orientación Académica e Profesional do Departamento de Orientación. A USC ofrece a posibilidade de acercar as ensinanzas universitarias ao ensino medio, a través de 2 itinerarios: Campus Vida (Sur) e Campus Norte. Cada alumno/a puido elixir segundo os seus intereses unha facultade para coñecela de primeira man, entre elas: Psicoloxía – Ciencias da Educación, Dereito – Relacións Laborais – Ciencias Políticas, Matemáticas, Química, Enxeñería Informática, Medicina, Económicas, Ciencias da Comunicación, etc.

Pola tarde estivemos na residencia universitaria O Burgo das Nacións, vendo as súas instalacións e servizos que oferta.

 



page | by Dr. Radut