Skip to Content

Saídas extraescolares

Saídas extraescolares

22 de abril: Actuación de Trobar-dos: "Con-versos en-canta-dos".

No auditorio do Concello de As Neves, desfrutamos do dúo Trobar-dos, composto polos nosos compañeiros Anxo e Alfredo, que en dúas sesións, amosaron a evolución da lingua e da literatura. Agradecer tamén  a Inácio a súa labor de Mestre de Ceremonias.

IX ENCONTRO DE ESCOLAS ASOCIADAS Á UNESCO DE GALICIA

Os días 17 e 18 de febreiro , tivo lugar este encontro galego no Pazo da cultura de Pontevedra baixo o lema: Deporte e Paz

O noso centro , xunto con outras 9 escolas galegas estivo presente coa participación de 14 alumnos de 1º ESO.

Neste encontro o alumnado falou de paz, igualdade, disciplina, compromiso , esforzo e superación.Nel se fixo unha homenaxe ás deportistas olímpicas e paralímpicas galegas que tanto éxito tiveron nos xogos de Tokio.

 

16 de febreiro: Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Ponteareas

O IES Pazo da Mercé está presente na Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Ponteareas, amosando parte do traballo realizado nos ciclos formativos que se desenvolven no noso centro.

08/02/2022: Visita ó centro de Vigo

O alumnado de 1º FPB, 2º FPB e 3º PMAR, desfrutan do día visitando o centro da cidade de Vigo e coñecéndoa en profundidade grazas a un guía profesional.

Visita ó IES Otero Pedrayo de Ourense

17 de decembro: Visita ó IES Otero Pedrayo de Ourense. 
O alumnado de 4º da ESO e de 2º de Bacharelato visitan  o IES Otero Pedrayo da cidade de Ourense. Somos recibidos cos brazos abertos por parte de Daniel Lorenzo Valdivieso (Director) e Olga Quintana Devesa (Vicedirectora). Da man de Olga, coñecemos a historia e  a importancia do centro educativo, ademais das xoias do museo que poseen.

Distribuir contido


by Dr. Radut