Skip to Content

Saídas extraescolares

Saídas extraescolares

Visita ó Pazo Museo Otero Pedrayo

 

17 de decembro: Visita ó Pazo Museo Otero Pedrayo. 
O alumnado de 4º da ESO e de 2º de Bacharelato visitan  o Pazo Museo de Otero Pedrayo situado en Trasalba, Ourense. Grazas a Andrea, coñecemos con maior profundidade tanto a obra literaria coma a vida privada de Ramón Otero Pedrayo, ademais de anécdotas e curiosidades.

22 de novembro: Teatro ca obra "Bravas"

Grazas á Concellería de Cultura e á Concellería de Ensino e Benestar Social, do Concello de As Neves, o alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato, desfrutaron da obra de teatro "Bravas" protagonizada pola actriz Isabel Risco.

"Bicos con lingua" de Talía Teatro

A compañía teatral Talía tróuxonos unha das súas obras máis exitosas: Bicos con lingua, á que tivo a sorte de acudir o alumnado de 1º da ESO para despedir o curso. Este é un espectáculo en clave de comedia no que a través de diversas situacións cotiás invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega.

 

Inversa teatro preséntanos Sofía

O día 21 o alumnado de 4º da ESO e de 1º de BACH á representación de Sofía da compañía Inversa Teatro.  Sofía é un espectáculo unipersoal de Marta Pérez, próximo ao teatro- conferencia, realizado as hoc a partires da montaxe de Sofía e as Postsocráticas. Trátase dunha acción escénica na que a actriz fai unha reflexión en torno á necesidade de procurar un novo xeito de pensar diante da problemática da violencia machista.

 

Elas, recital teatralizado en tres actos

As valentes poetas Hortensia Bautista, Pilar Alonso e Teresa Ríos, tres das integrantes do grupo Cabrafanada (a parte / sección teatral – performativa do grupo poético ponteareán Versos de Area) actuou o venres 26 de marzo para o alumnado de 4º da Eso e de 2º de FP básica no auditorio municipal das Neves.

Xornadas de narración oral I: Celso Fernández Sanmartín

O pasado día 28 de outubro o alumnado de 1º da ESO tivo a sorte de asistir a unha actuación do recoñecidísimo narrador oral Celso Fernández Sanmartín. Durante case dúas horas estívonos a contar historias sobre temáticas próximas ao Samaín, aínda que máis que morrer de medo, morremos de risa. 

A actuación tivo lugar no Auditorio do concello, que nos cedeu o lugar para que un grupo amplo de rapazas e rapaces puideran gozar da actuación matendo as máximas medidas de seguidade posibles.

Distribuir contido


by Dr. Radut