Skip to Content

Elas, recital teatralizado en tres actos

As valentes poetas Hortensia Bautista, Pilar Alonso e Teresa Ríos, tres das integrantes do grupo Cabrafanada (a parte / sección teatral – performativa do grupo poético ponteareán Versos de Area) actuou o venres 26 de marzo para o alumnado de 4º da Eso e de 2º de FP básica no auditorio municipal das Neves.

Consistiu nun breve mais fermosísimo espectáculo que constou de tres partes: a primeira foi unha performancetitulada “Vermello”, a segunda, un recitado individual; e, a terceira, unha escena de teatro lido que tratou de reivindicar unha figura histórica marxinada pola sociedade patriarcal: a raíña dona Urraca – a única raíña de Galiza e a primeira da península Ibérica-. Ela tivo que vivir e padecer as continuas ocorrencias do paipara non deixar o seu reino nas mans dela polo simple feito de ser muller, os ataques de diferentes personalidades coas que rivalizou e foi quen de divorciarse (en pleno século XII) do seu segundo marido por ser o verdugo e o maltratador.



page | by Dr. Radut