Skip to Content

Saídas extraescolares

Saídas extraescolares

26 e 27 de maio: Visita Courel e Ribeira Sacra

Grazas ó Proxecto Terra, o alumnado de 4º e de 2º da ESO, coñeceron a Ribeira Sacra e O Courel, a través de diversas actividades didácticas, coma por exemplo: visita ó Museo Xeolóxico e ó Museo Etnográfico de Quiroga, interpretación da contorna, paseo nun catamarán pola Ribeira Sacra...

18 de maio: Teatro polas letras galegas

Este mércores 18 de maio, co motivo de homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán, a compañía de teatro Fantoches Baj representa "Polos vieiros de Florencio" no auditorio de As Neves, para todo o alumnado do noso centro.

11 de maio: Visita a Galiciencia 2022

Este mércores o alumnado de 3º da ESO visita Galiciencia, a maior feira científica que se celebra en Galicia, no Parque Tecnolóxico de Ourense. A temática á que vai dirixida este ano é a economía circular, é dicir, tratar de reducir o consumo dos recursos e recircular os xa utilizados.

30 de abril: Visita a Portugal

Alumnado de 1º e 2º ESO foron de excursión a Guimaraes. Alí visitaron o Paço dos Duques e a súa magnífica capela. Tamén viron a Igreja de São Miguel, e o Castelo de Guimaraes. Máis tarde, subiron en teleférico ao monte da Penha. No monte puideron explorar a zona e ver varios sitios de interese.

A derradeira parada da viaxe, antes de regresar ás Neves, foi Ponte da Lima; pasearon polas súas rúas, polo seu paseo fluvial, e puideron contemplar os famosos soldados romanos.

Viaxe a Andorra 2022

O alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato, desfrutaron dunha semana en Andorra para aprender a esquiar ou ben para facer snowboard.

Distribuir contido


by Dr. Radut