Skip to Content

Probas libres de acceso a Ciclos

Achégase a información sobre os prazos de matrícula e datas de probas para o acceso a ciclos.

No arquivo que se achega aparece toda a información mais cómpre ter en conta estas datas:

Inscricións nas probas:

Grao Superior: do 7 ao 23 de febreiro

Grao Medio: do 12 ao 23 de marzo

Celebración das probas:

Grao Superior: 19 de maio

Grao Medio: 31 de maio

Para máis información, premer no enlace "Calendario de probas de acceso a Ciclo"

1ª Feira das Ensinanzas Profesionáis e Artísticas

Os alumnos do ciclo medio sistemas microinformáticos e redes do I.E.S. Pazo da Mercé estarán no stand 17 da 1ª Feira das Ensinanzas Profesionáis e Artísticas que se celebrará os próximos 5 e 6 de Febreiro no Pavillón Álvaro Pino de Ponteareas, Ven a visitarnos!!!      

Curso 2017-2018. Resultados académicos e datos de convivencia da 1ª avaliación

Achéganse os datos da 1ª avaliación presentados en claustro e mais no Consello Escolar.

Neles atopamos os resultados xerais de todos os niveis e mais o comportamento dos grupos ao longo do 1º trimestre.

XX Encontro Internacional de Jovens Cientistas das Escolas Asociadas á UNESCO


Este Encontro tivo lugar en Santarem ( Portugal), do 10 ao 13 de xaneiro baixo o tema:
“Patrimonio Cultural Inmaterial- da memoria para a sustentabilidade e nel participaron 17 escolas de 9 países: Alemaña,Andorra,Brasil,Cabo Verde, España,USA,Italia,Portugal e Sao tomé e Príncipe.
O noso centro estivo representado polos alumnos de 1º Bacharelato Laura Araújo e Felipe Castro acompañados da profesora Belén Jorge cun traballo sobre “ Os seráns”.
Tódolos participantes tiveron a oportunidade de debater sobre a importancia de respetar o noso patrimonio .

O Serodio

Como xa sabedes, saiu O Serodio correspondente ao primeiro trimestre. Con bo traballo e dedicación por parte de varias persoas e do Consello de Redacción, temos a sorte de contar cun exemplar cheo de interese e contidos variados. Grazas a quen colaborou! Animámosvos, desde o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística, a que sigades a participar, fagades propostas e acheguedes ideas para seguirmos facendo esta Revista. No seguinte enlace podesdes lela .

Recital musical a cargo de GHZ, Pedrido e DUKE SAM

O 21 de decembro, despois do primeiro trimestre de curso, marcado fundamentalmente polos lumes, celebrouse no Auditorio do Concello das Neves (a quen agradecemos que nos cedesen o local e a súa colaboración) un recital musical a cargo de GHZ, Pedrido e DUKE SAM Interpretaron varias pezas de rap, cunhas letras cheas de contido social, moi actuais e ben nutridas de crítica ao tempo que nos toca vivir: a situación da corrupción, o capitalismo cruel que padece a xente, a explotación da clase traballadora, as discriminacións, as guerras etc. Todo este repertorio fíxonos pasar un momento para, ademais de pasalo ben, poder reflexionar... Noraboa ao trío!

Distribuir contido


by Dr. Radut