Skip to Content

Erasmus +

Baremo aplicado á escolla de estudantes para o programa erasmus+ no caso de concorrencia de máis solicitudes ca prazas.

DÍA DE ROSALÍA. UN CALDO DE GLORIA PARA CELEBRAR O SEU ANIVERSARIO

Mañá celebramos no centro o Día de Rosalía e seguindo a iniciativa da Fundación Rosalía de Castro imos elaborar un “Caldo de Gloria”, inspirado no poema “Miña casiña, meu lar”. Repartirase este caldo durante o recreo (11:30 a 12:10) na entrada cara ao Edificio Novo. Leranse varios poemas da autora ao comezo do acto e logo as actividades continuarán na Biblioteca con música e recitados. Estades todas e todos convidados a celebrar connosco o aniversario da poeta.

No poema de “Miña casiña, meu lar” podedes atopar a receita por se o queredes elaborar vós e facer que as redes sociais lle renda homenaxe a Rosalía. Para iso é preciso facer un Caldo de Gloria -tedes a receita na páxina-, ler un poema de Rosalía e compartir unha foto nas redes sociais cos seguintes cancelos (hashtags): #CaldodeGloria #DíadeRosalía.

Animádevos!

Entroido

O venres 9 de febreiro chegou o Entroido ao instituto, veu cheíño de disfraces e música, como é habitual nel. Foi un día no que alumando, persoal non docente e profesorado riu e gozou coas chanzas e bromas dos entroidos, e acabou, como non podía ser doutro xeito, coa queima do Meco e o concurso de disfraces. Parabéns ás gañadoras e gañadores!
Moitas grazas a todos e a todas por participardes nesta festa tan nosa. Volvémonos ver para o ano.
 

  

"MULLERES EN ACCIÓN. VIOLENCIA ZERO" no noso Instituto.

O noso Instituto acolleu o pasado mércores 7 deste mes de febreiro un importante acto do programa "Mulleres en acción. Violencia Zero", deseñado pola Deputación de Pontevedra. Consistiu nunha "acción poética" titulada "Cofre de maquillaxe" a cargo de Olalla Cociña. Esta poeta e xornalista, con esta intervención, amosou claramente que a arte, neste caso a literatura e o audiovisual, é unha ferramenta de sensibilización e concienciación contra a violencia machista. Evidenciou o poder da poesía como berro de denuncia fronte a unha realidade dramática como é o feminicidio e o patriarcado. Cómpre concienciarnos  de que a loita contra o machismo en todas as súas manifestacións é unha base principal para a construcción dunha sociedade máis xusta e igualitaria. En relación con isto, lembramos que hai convocada a xornada reivindicativa de "Mulleres en Folga" para o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.

Agradecemos ao Concello das Neves que contasen co noso centro para a realización deste acto e á Deputación de Pontevedra, a través do seu Servizo de Igualdade, esta colaboración. Tamén tivemos a ledicia de contarmos, entre as persoas asistentes, xunto ao alumnado e profesorado, a representantes de ambas institucións, coa presenza do alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e da presidenta do organismo provincial, Carmela Silva.

 

I Xornada de Divulgación en Ciencia

O venres 16 de febreiro o alumnado de 3º ESO asistiu a I Xornada de Divulgación en Ciencia, Tecnoloxía , Enxeñaría e Matemáticas  que tivo lugar no Edificio Politécnico do Campus de Ourense , con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Participou en diferentes obradoiros como:

  • Vendo o invisible
  • Quimirizando
  • A maxia do solo
  • A cor na ciencia
  • Resolvendo o quebracabezas do clima
  • Tecnoloxía culinaria
  • Ás ao vento e a voar
  • Descubrir aromas e sabores nos alimentos etc.

Todos estes obradoiros foron levados por profesoras e alumnas da universidade.

Unha experiencia moi positiva para o alumnado.

 

 

 

Probas libres de acceso a Ciclos

Achégase a información sobre os prazos de matrícula e datas de probas para o acceso a ciclos.

No arquivo que se achega aparece toda a información mais cómpre ter en conta estas datas:

Inscricións nas probas:

Grao Superior: do 7 ao 23 de febreiro

Grao Medio: do 12 ao 23 de marzo

Celebración das probas:

Grao Superior: 19 de maio

Grao Medio: 31 de maio

Para máis información, premer no enlace "Calendario de probas de acceso a Ciclo"

Distribuir contido


by Dr. Radut