Skip to Content

Fondo de libros Curso 2018/2019

Aberto o prazo para a solicitude do fondo de libros que vai desde o 21 de maio ata o 22 de xuño de 2018.
Nos seguintes enlaces accedese á información e mais ao modelo para os solicitar.

O único galego mal falado é o que non se fala

O alumnado de 2º da ESO realizou dous vídeos relacionados coa Dialectoloxía. Neles destaca a importancia da fala da zona, coas súas características especiais, e mais as moitas coincidencias que existen entre esta e mais a lingua estándar.

O importante para unha lingua é falala, xa abonda de dicir "Eu non falo galego porque non o falo ben". Unha escusa: o único galego mal falado é o que non se fala.

1ª FEIRA DAS ENSINANZAS PROFESIONÁIS E ARTÍSTICAS EN PONTEAREAS

O noso alumnado de Ciclo Medio participou na 1ª FEIRA DAS ENSINANZAS PROFESIONÁIS E ARTÍSTICAS que se celebrou os días 5 e 6 de Febreiro de 2018, alí deron a coñecer o noso ciclo ó alumnado dos distintos centros escolares da comarca e tamén a todos aqueles que viñeron visitar a Feira.

No noso stand os visitantes podían admirar dúas táboas expositoras con distintos discos duros e teléfonos móbiles de distinto tipo e tamaño despiezados/etiquetados cos nomes que preparou o noso alumnado, un PC "tuneado" montado tamén polo noso alumnado. Tamén creamos unhos xogos de Kahoot sobre temas informáticos para entreteñer ó público e proxectamos un video descriptivo dos noso estudos.

CONCLÚEN AS XORNADAS “ABRIL DE HISTORIA DAS NEVES”

Con grande éxito remataron este luns 7 de maio as Primeiras Xornadas de “Abril de Historia das Neves”. Concluíron, cun salón de actos de Usos Múltiples repleto de público (alumnado, profes, familias, veciñas e veciños), coa conferencia do arqueólogo e historiador Xosé Lois Vilar sobre os petróglifos da Coutada en Taboexa. Foi unha charla moi entretida e chea de interese na que, acompañada de fermosas imaxes, douse descrición e explicación da nosa arte rupestre en xeral, do seu valor, así como, en particular, da fermosura e importancia da  escena representada no achádego das Neves, a raíz dos lumes de fins do verán pasado. Unha escena de caza na que destacan as imaxes de équidos, cans e homes, fundamentalmente. Os trazos, características e conservación destes petróglifos fan que sexan un dos achádegos máis impactantes das últimas décadas no campo da arqueoloxía. Faise preciso poñelos en valor, dalos a coñecer e contribuír a que todas e todos sexamos conscientes da nosa propia historia. Un pobo con historia é un pobo con futuro! Coñezámola e apreciémola!

Fp Innova Galicia 2018

Este mércores 25 de Abril o alumnado da E.S.O, Bacharelato, FP Básica e Ciclo Medio visitaron Fp Innova Galicia 2018 (Congreso de Innovación de Formación Profesional) na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
Foi unha magnifica ocasión para coñecer as posibilidades que ofrece a formación profesional e o alumnado puido desfrutar de cortes de pelo, pintura de unllas, demostración de funcionamento de drons e impresoras 3D, proxectos de innovación colaborativa entre centros de distintas familias profesionáis (comercio e informática, electrónica e carpintaría) así coma degustar receitas innovadoras feitas con camelia.
Ademáis a nosa visita coincidiu coa presentación do Presidente da Xunta do Proxecto de creación do Campus FP en Vigo.



A revolução dos cravos

O pasado venres 27 de abril celebramos "a revolução dos cravos". Foi un acto fermoso, con grande participación do alumnado e bastantes profes. Conmemoramos con música a data, xa histórica, do 25 de abril  tan importante para Portugal e tan simbólica para os pobos que loitan pola súa liberdade. Un importante grupo de estudantes, dirixidos por Anxo Abalde, o profesor de música, interpretou o "Grândola, vila morena", a canción do Zeca Afonso que representa o berro de fraternidade e xustiza que puxo fin á ditadura en 1974.
25 de Abril sempre! Fascismo nunca máis!
Distribuir contido


by Dr. Radut