Skip to Content

Celebración do Entroido

Celebramos o entroido no Instituto un ano máis. Queimamos o Meco ben queimado e houbo unha grande participación de alumnado. Moita pintura nos rostros, caretas, vestimentas e ornamentos carnavaleiros, concursos de disfraces, convertiron as últimas horas lectivas do venres 1 de marzo nun bulir cheo de vivacidade, estrondo e animación.

 

Noraboa!

 

Seguimos sementando, o Monte segue a nacer na Escola

Durante os pasados días continuamos participando activamente no proxecto do “Monte nace na Escola”. Implicación de alumnado, profes, voluntariado, Concello…, todo un movemento de persoas que conscientemente asumen e se compromenten a crear un futuro mellor a nivel ambiental.

Debate sobre Xornalismo

O 22 de febrero, no marco do Día de Rosalía, visitaron o noso Centro dous destacados xornalistas: Tino Lago, o director de A Nova Peneira, xornal que ten moito impacto na comarca e en parte da provincia de Pontevedra, e Sara Vilas, exalumna do Instituto e agora periodista no Diario de Pontevedra.

Rosalía Sempre!

Un curso máis celebramos o 22 de febrero o DÍA DE ROSALÍA. Reivindicamos a nosa grande pensadora, a escritora, a súa literatura. A súa mirada liberada e liberadora. O seu compromiso intelectual con Galicia.

Ana Carreira no noso Centro.

O pasado 22 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º da Eso tiveron a sorte de asistir á charla de Ana Carreira, contacontos dende hai 20 anos, deleitounos coas súas narracións orais e reflexións entorno a como se deben contar os contos. O alumnado interactuou con ela e participou das súas preguntas e actuación.

Visita á 2ª Feira de Ensinanzas Profesionais e Artísticas (Ponteareas)

O alumnado de 4º da ESO e 2º de Formación Profesional Básica de Informática de Oficina visitaron o pasado 5 de febreiro de 2019, a II Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Ponteareas.

Distribuir contido


by Dr. Radut