Proxecto o Monte nace na Escola

O MONTE NACE NA ESCOLA DECEMBRO 2019

Continuando co traballo de IES de concienciar ao alumnado da importancia de coidar o monte  esta semana saímos a plantar bidueiros. A tarefa non só nos serve para traballar a concienciación medioambiental senón tamén para ir coñecendo a flora da nosa contorna.

A bidueira, bidueiro ou bido (Betula pubescens) é unha árbore da familia das betuláceas que medra nas zonas húmidas.

Seguimos deseucaliptizando

Seguindo os plans marcados no programa "O monte nace na escola", tal como fixemos nos tres cursos anteriores, contando co protagonismo do alumnado do noso centro, fixemos a principios de outubro limpeza no monte arrancando os eucaliptos que nacen. Como sabemos, esta especie "invasora" e pirófita é moi dañina para o noso hábitat e está detrás en bo grao da "industria do lume" que devasta o ecosistema.

Seguimos sementando, o Monte segue a nacer na Escola

Durante os pasados días continuamos participando activamente no proxecto do “Monte nace na Escola”. Implicación de alumnado, profes, voluntariado, Concello…, todo un movemento de persoas que conscientemente asumen e se compromenten a crear un futuro mellor a nivel ambiental.

PLANTANDO CASTIÑEIROS

O xoves 17 de xaneiro parte do alumnado de 1º e 2º ESO participou na sesión de plantación no noso monte de varios castiñeiros.
Agradecemos a colaboración aos profes Chelo e Catonio e á nosa exalumna Alejandra, quen dirixiu os traballos e dou as explicacións oportunas sobre esta tarefa.

Inauguración do Graffiti

O martes 11 tivemos  un acto institucional de inauguración do graffiti elaborado polo alumnado de 3º ESO A na entrada do Pavillón. Fomos un dos 10 centros educativos de toda a provincia seleccionados pola Área de Xuventude da Deputación de Pontevedra para a realización desta composición de arte urbana. Desde a nosa perspectiva quixemos que a creación traballada polo alumnado amosase o proxecto "O monte nace na Escola", no que estamos involucrados.

Distribuir contido