Skip to Content

Ana Carreira no noso Centro.

O pasado 22 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º da Eso tiveron a sorte de asistir á charla de Ana Carreira, contacontos dende hai 20 anos, deleitounos coas súas narracións orais e reflexións entorno a como se deben contar os contos. O alumnado interactuou con ela e participou das súas preguntas e actuación. Este acto enmárcase no Certame de contos dirixido a 1º da ESO durante o mes de febreiro a cargo da profesora de galego Ana Moreda. En breve anunciaremos os gañadores/as dese certame e faremos unha modesta entrega de premios. Grazas por participar e especial grazas a Susana, a profe de galego por facer posible que Ana Carreira nos visitase.

Estes actos son organizados polo EDLG e o Departamento de galego do IES Pazo da Mercé.

 

 

 



page | by Dr. Radut