Skip to Content

1º Campionado de Programación.

O vindeiro 7 de maio terá lugar no noso IES a "Primeira edición do campionato de programación". Con invitación aos centros con CS de DAW/DAM: IES de Teis, IES de Rodeira, IES Armando Cotarelo, CIFP A Carballeira, IES Chan do Monte, IES Ramón Aller

Saída ao castro de Troña, ao castelo de Sobroso e ao monte da Picaraña

O noso alumnado de 3° da ESO foi o venres pasado a desfrutar do bo tempo cunha saída ao castro de Troña, ao castelo de Sobroso e ao monte da Picaraña.

Feira de educación FormaMOS

Os pasados días 10 e 11 de abril, o noso profesorado de Ciclos de FP, participou por pimeira vez na feira de educación FormaMOS, organizada polo Concello de Mos e o colexio Lar, sendo esta a terceira edición. Durante a mesma, demos a coñecer a nosa oferta educativa en ciclos de informática ó alumnado visitante.

Erasmus+ 2024

Neste curso, oito alumn@s do ciclo de grao medio fan as súas prácticas en empresas en distintos países dentro do proxecto Erasmus+. Sara, Gabriel e Hugo en Praga (República Checa), Cristian e Yeray en Cork (Irlanda), Roi en Porto e Aitor e Raúl en Lisboa.

Excursións a Andorra e Madeira

A semana antes das vacacións alumnado do IES de 3º, 4º e 1º de bacharelato estiveron de excursión en Andorra e Madeira. 

A xa tradicional excursión a Andorra estivo organizada por Bruno, o noso profe de educación física a quen acompañaron as profesoras Lucía e Laura.

A viaxe a Madeira estivo organizada por Fernando e Miguel, profesores do departamento de Lingua Galega.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut