Skip to Content

Fronteiras entre países: liñas de diferenciación ou territorios de ocupación?

O profesor de Xeografía da USC, Valerià Paül, levounos de viaxe polo mundo para reflexionar sobre os tipos de fronteiras que existen e sobre como estas afectan ás sociedades que as comparten. Así, desde El Paso até Nicosia fomos asistindo á construción de divisións que illan, normalmente, ao máis débil da raia para beneficio do máis forte. Porén, mentres que para os que levantan os muros estes lles serven de protección, para os illados, esas fronteiras convértense nun símbolo de resistencia. Tamén nos enfrontou á nosa propia fronteira, á de Portugal, que vive agora un momento máis amable coa construción das eurocidades como territorios de cooperación, mais que se viu reactivada últimamente cos peches por mor do Covid. Aínda que esta é unha circunstancia inusual, sérvenos para nos decatar de que as relacións limítrofes se poden truncar co reforzamento de fronteiras se non se traballa socialmente por derrubalas.

O IES A Cañiza presenta os seus ciclos

A semana pasada viñeron visitarnos desde o IES A Cañiza para lles presentar ao noso alumnado os ciclos formativos que alí ofrecen e que poden supoñer unha saída profesional diferente ás que aquí ofertamos. Entre os ciclos que nos mostraron atópanse o de Xestión Administrativa e Electromecánica vehículos de Grao Medio e Mantemento de vehículos de FPB.

Publicada a convocatoria 2021 de acceso a ciclos

ORDE do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021.

Tedes toda a información relativa a probas de acceso a ciclos aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut