O martes 23 de febreiro, o alumnado de 3º da ESO recibiu unha clase moi especial pois tivo a sorte de escoitar, en primeira persoa, a poeta ceense María Lado. Ela é autora do libro Rosalía de Castro que publicou a editorial Urco no ano 2016. Nos 50 minutos que duraron cada unha das sesións, ela achegoulles a figura máis importante das nosas letras a través dun enfoque divertido, moi comunicativo e moi xuvenil, descubríndolles aspectos tanto da súa vida coma da obra que resultaron ser verdadeiramente interesantes e transcendentes para entender o significado da escrita de Rosalía de Castro.