Skip to Content

XXVI Encontro internacional de jovens cientistas (Santarém, Portugal)

Entre os días 23 e 26 de xaneiro dúas alumnas deste instituto, Iris e Noa de 1o de Bacharelato, acudiron ao XXVI Encontro Internacional de Jovens Cientistas das Escolas Associadas à UNESCO que tivo lugar na Escola Secundária Sá da Bandeira, na cidade de Santarém . Os participantes, de catorce institutos non só portugueses, tamén españois,  italiano, norteamericanos, andorrana, brasileira e alemá, interviñeron con temas relacionados co lema proposto pola organización “A paz: um compromisso, uma conquista”.

Concerto de Xavier Lozano

O 22 de xaneiro o noso alumnado de música desfrutou dun concerto do gran @xavibufa no Auditorio municipal de @concelloasneves.

Visita de Betty

O 17 de xaneiro visitou o pazo @bettyneves,

Visita de Verónica Santalla

O 18 de Xaneiro visitounos Verónica Santalla da @teleco_uvigo.

 

Publicada a convocatoria 2024 de acceso a ciclos

Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Orde do 21 de decembro de 2023

Prazos de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Bo Nadal

Coa postal realizada pola alumna Sandra Sotelino Rocha de 2º ESO B:

Todos os que formamos parte do IES Pazo da Mercé desexámosvos saúde, boas festas e feliz ano 2024!

Vémonos de novo o luns 8 de xaneiro :-)

Distribuir contido


by Dr. Radut