Skip to Content

XXVI Encontro internacional de jovens cientistas (Santarém, Portugal)

Entre os días 23 e 26 de xaneiro dúas alumnas deste instituto, Iris e Noa de 1o de Bacharelato, acudiron ao XXVI Encontro Internacional de Jovens Cientistas das Escolas Associadas à UNESCO que tivo lugar na Escola Secundária Sá da Bandeira, na cidade de Santarém . Os participantes, de catorce institutos non só portugueses, tamén españois,  italiano, norteamericanos, andorrana, brasileira e alemá, interviñeron con temas relacionados co lema proposto pola organización “A paz: um compromisso, uma conquista”.

As nosas representantes expuxeron o tema “O IES Pazo da Mercé como promotor de Paz”, no cal enumeraban as actividades que vimos facendo no noso instituto con relación á eliminación da violencia e ao fomento da paz. Por parte, no Encontro tamén houbo debates, concertos, bailes e visitas turísticas á propia cidade, a Sintra e a Lisboa.


page | by Dr. Radut