Skip to Content

Programa Diana

O noso centro participa no programa Diana, dentro do proxecto educativo Donas de si. Podedes consultar máis información deste proxecto neste enlace.

O IES PAZO DA MERCÉ EN GALICIENCIA

Alumnos do IES Pazo da Mercé participan en Galiciencia, a maior feira científica de Galicia, patrocinada pola Consellería de Economía e Industria e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt). Celébrase no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole os días 18,19 e 20 de novembro.

Ana Domínguez Rodríguez e Miguel Rodríguez Giráldez, alumnos de 2º de Bacharelato, expoñen un proxecto de investigación e innovación sobre o río Miño, acompañados pola súa profesora de Física e Química, Nuria López Rodríguez.

 

 

O IES PAZO DA MERCÉ EN GALICIENCIA

Escolas Unesco

Nós, como membro das Escolas Unesco, estamos o 24 outubro de 2015 de festa: celebramos o 70 aniversario da creación da ONU. Nos seguintes enlaces podedes consultar diferentes documentacións sobre esta efeméride, incluída unha mensaxe do Secretario da ONU en yogote e en 16 linguas:

http://regau.blogspot.com.es/2015/10/preambulo-carta-europa-das-nacions.html

Programa de inmersión lingüística

Este mes de setembro o alumnado de 2º da ESO participou no Programa de inmersión Lingüística en inglés, en Hornillos de Eresma (Valladolid). Foi unha experiencia dunha semana de inmersión compartindo a actividade co IES Zurbarán de Navalmoral de La Mata (Cáceres).

25 aniversario

Este ano 2015 festexamos o noso 25 aniversario como centro público de ensino secundario. O xoves 25 de xuño celebrámolo conxuntamente no centro docentes, alumnado e institucións e onte e hoxe. Moitas grazas a todas e todos os que asististes demostrando a importancia que ten para todas e todos este centro.

Enquisa previa á FCT

Nesta enquisa deberás introducir unha serie de información acerca das túas preferencias para a realización da FCT co obxectivo de buscar a empresa máis adaptada ás túas expectativas e ao teu perfil.

Se consideras que hai algún aspecto importante de cara a realización da FCT que non se recolle na enquisa, fálao directamente co titor.

Distribuir contido


by Dr. Radut