Skip to Content

O alumnado de Ciclo e FPB visita Santiago de Compostela

O mércores 7 de decembro o alumnado do Ciclo de "Sistemas microinformáticos e redes" e da FPBásica de "Informática de Oficina" fixeron unha visita a Santiago acompañados de catro profesores do departamento de Informática.

O noso centro únese á hora do código

O alumnado de FPB y 1º CM participa o venres 9 de decembro na hora do código que se celebra a nivel mundial. É un movemento global que chega a decenas de millóns de estudantes en máis de 180 países.

Visita á semana da ciencia

O día 22 de novembro o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e de 4º da ESO, que cursa as materias de Química, Física e Química, Ciencias Aplicadas a Actividade Profesional e Tecnoloxía, participou na Semana da Ciencia organizada pola Facultade de Enxeñaría de Minas da UVigo. Durante a xornada puideron participar en obradoiros de: termografía, novos materiais, realiade aumentada e medio ambiente.Velaquí algunhas instantáneas da visita.Logo semana Ciencia

Concerto do coro "Cantemos"

O luns o alumnado do IES Pazo da Mercé asistiu ao concerto do coro "Cantemos" de Ponteareas, un concerto reivindicativo que serviu de peche das actividades relacionadas co Día contra a Violencia de Xénero. 

Durante o concerto, o alumnado do IES, leu un manifesto no que se denunciou os feminicidos e as situacións de desigualdade que viven as mulleres na nosa sociedade.

Concerto do Coro "Cantamos"

25 de novembro: o IES Pazo da Mercé denuncia a violencia machista

O 25 de novembro o IES Pazo da Mercé participou activamente no acto organizado polo Concello das Neves e que tiña como finalidade denunciar os asasinatos, aldraxes, violencia verbal e física que sofre a muller na nosa sociedade.Concentración na Praza do Concello das Neves
Distribuir contido


by Dr. Radut