Skip to Content

Homenaxe a Evaristo de Sela

Homenaxe

O día 2 de marzo o noso instituto acolleu o acto central en homenaxe ao escritor e profesor Evaristo de Sela, por mor do centenario do seu nacemento.

 

Homenaxe

Día internacional da muller traballadora

A Comisión de Igualdade do IES Pazo da Mercé anima a todas as mulleres a participar nas actividades que vai celebrar o día 8 de marzo, para o cal solicita que veñan todas vestidas de negro para protestar polas vítimas de violencia de xénero e para reivindicar o recoñecemento da muller na sociedade.

Cos lemas "Mesmo traballo, mesmo soldo" ou "Nin unha menos" sumarémonos ao berro das mulleres de todo o mundo e concentrarémonos ás 12:00 horas na Escalinata do instituto.

Animádevos

Convocatoria de folga o 9 de marzo

A Presidenta da Xunta de Delegados informou á Dirección do centro da participación do alumnado do IES Pazo da Mercé na folga convocada para o día 9 de marzo e á que está chamada a participar toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias.

Desde o IES Pazo da Mercé informamos de que se manterán os servizos mínimos establecidos pola Consellaría de Educación para poder atender o alumnado que asisita ao centro, se ben a actividade lectiva se pode ver afectada considerablemente ao se tratar dunha folga na que tamén está convocado o profesorado.

Viva o entroido!!!

Como xa comentamos, o pasado 24 de Febreiro celebramos o entroido no centro. Graciñas pola vosa participación e por colaborar a manter esta tradición tan propia da nosa terra. Aquí quedan unhas fotos para a lembranza.........

EntroidoEntroidoEntroidoEntroidoEntroido

Homenaxe a Evaristo de Sela

 

O día 2 de marzo  fanse 100 anos do nacemento de Evaristo de Sela e o noso instituto foi o lugar escollido para realizar a homenaxe á súa figura. Será ás 12:00 horas en Usos Múltiples e no acto participarán diversas persoas ligadas a este escritor e tradutor, que foi represaliado durante o franquismo.

A Asociación de Escritoras eEscritores en Lingua Galega faise eco deste acto na súa páxina web, tal e como podes ver no enlace:  http://axendaaelg.blogaliza.org/tag/evaristo-de-sela/

Evaristo de Sela

Estamos de celebración: Viva o entroido!

Estamos a celebrar o Entroido, comezámolo no IES e logo continuarémolo cadaquén na súa casa. Por iso, a pasalo moi ben, correde o entroido, comede filloas, orellas, cachucha de porco, grelos... e lembrade que tedes que estar de volta o 2 de marzo! Pasádeo moi ben.
Distribuir contido


by Dr. Radut