Skip to Content

O noso centro únese á hora do código

O alumnado de FPB y 1º CM participa o venres 9 de decembro na hora do código que se celebra a nivel mundial. É un movemento global que chega a decenas de millóns de estudantes en máis de 180 países.

Consiste nunha introdución dunha hora de duración ás Ciencias da Computación, deseñada para amosar que todo o mundo pode aprender a programar, e así comprender os fundamentos básicos da disciplina de programación. Non é necesaria ningunha experiencia previa, e hai material dispoñible para calquera idade dende os 4 os 104 anos.

Esta iniciativa baséase na crenza de que todos os estudantes deberían ter a oportunidade de aprender Ciencias da Computación, xa que axuda a fomentar as habilidades de resolución de problemas, a lóxica e a creatividade. Introducir ao alumnado de maneira temperá nas Ciencias da Computación, permitiralles dispor dos coñecementos imprescindibles no século XXI; fundamentais sexa cal sexa o seu futuro desenvolvemento profesional.

 



page | by Dr. Radut