Skip to Content

Actos de despedida

O luns 23 de maio xuntámonos docentes, familiares e estudantes de 2º de BAC para despedírmonos. Foi un encontro emotivo e cheo de bos presaxios para o futuro desta fantástica promoción que vai seguir dende este momento outros roteiros xa afastados do noso centro. Desexámosvos o mellor.

 

Xa en xuño, o 16, foi a vez do acto de peche de 4º da ESO: boa parte destas alumnas e alumnos seguirán no noso centro; para aquelas e aqueles que nos deixan, desexámoslles o mellor.

 

Actividades

Concerto Fin de Curso

Como vén sendo norma no noso centro, pechamos o curso escolar cunha actividade na que o noso alumnado mostrou as súas habilidades musicais. Non hai mellor maneira de despedírmonos.

 

 

Xornada Intercentros

Tivemos o pracer de ter no noso centro representantes do IES Ponteareas para celebrar unha xornada deportiva e de convivencia. Esperamos que para elas e eles fose unha xornada de proveito e interese. Para nós foino.

 

Aulas lectoras

Neste curso, as aulas que foron consideradas as máis lectoras son 1º ESO A, 1º ESO B e 3º PMAR. Parabéns.

 

Entrega de premios do II Torneo Aarón Pereira

 

Día das Letras Galegas

O IES Pazo da Mercé celebrou o Día das Letras Galegas cun acto en Usos Múltiples  no que o alumnado recitou poemas de Manuel María axudados pola linguaxe de signos Yogote.

Tamén se expuxeron os traballos que realizou o alumnado de 4º da ESO sobre a figura do homenaxeado.
Por último, o estudantado de 1º de Bacharelato interpretaron varias cancións inspiradas nos poemas do escritor.

 

 

II Torneo Aarón Pereira

Este ano, o estudantado do centro, coa colaboración da docente de EF, volveu organizar o torneo Aarón Pereia.

 

Visita a Lalín

O alumnado de primeiro da ESO visitou Lalín nesta semana. Tiveron un programa moi completo: visita ao Museo etnográfico "Casa do Patrón", un obradoiro de elaboración de queixo artesán, unha camiñada pola fraga de Catasós e a visita ao Museo Galego da Marioneta.

Calendario xeral PAU 2016

As datas de exames deste ano en xuño son o 8, 9 e 10 de xuño.

Neste enlace podedes consultar toda a información.

Celebración do Día do Libro

Este ano celebramos o Día do Libro con, como xa é tradición no noso centro, un Mercado de Libros de 2ª man. Ademais tamén nos quixemos sumar á homenaxe global a dúas figuras universais da Literatura: Shakespeare e Cervantes. Para iso foi fundamental o traballo artístico do grupo de 3º de PMAR e a colaboración de estudantes de diferentes cursos para levar a cabo un Mercado de Gastronomía Cervantina.

Visita do alumnado de infantil ó noso centro

Este xoves 21 visitáronnos as/os futuras estudantes do noso instituto, que polo de agora están nas unitarias de Taboexa e Rubiós. Quedamos á súa espera.

Distribuir contido


by Dr. Radut