Skip to Content

25 de novembro: o IES Pazo da Mercé denuncia a violencia machista

O 25 de novembro o IES Pazo da Mercé participou activamente no acto organizado polo Concello das Neves e que tiña como finalidade denunciar os asasinatos, aldraxes, violencia verbal e física que sofre a muller na nosa sociedade.Concentración na Praza do Concello das Neves

A ciencia tamén conta na biblioteca

Remata novembro, o mes da ciencia nas bibliotecas.  

Recorda que aínda tes uns días, ata o 9 de decembro, para poder escribir o teu relato. Anímate!!!

Cartel promocional

Convocada folga do alumnado para o 24 de novembro

O alumnado do IES Pazo da Mercé comunicoulle á Dirección do centro a súa participación na folga do vindeiro xoves 24 de novembro.

Loito na cultura galega pola morte de Narf

A cultura galega está de loito pola morte de Narf (Fran Pérez) aos 48 anos. Autor de títulos como "Narf. Directo Santiago", "Tótem", "Aló irmao" (en colaboración con Manecas Costa) e o seu último traballo "Baladas da Galiza Imaxinaria", con Uxía Senlle.

O noso instituto tamén lle rende homenaxe a este cantautor que nos visitou hai uns anos e nos fixo gozar coa súa música.

NarfNarf saudando o público no Teatro Principal 

Celebramos o magosto

Imaxe do magosto

Sorteando as inclemencias do tempo, finalmente celebramos  o magosto. Ademais da degustación das castañas, preparadas nesta ocasión polos afamados mestres asadores Calía e Inacio as alumnas e alumnos participaron nas cucañas e contemplaron as presentacións que Agustín realizou co alumnado de 1º de ESO.

Alumnos no magostoAlumnos no magosto

E neste día no que no centro celebrabamos esta tradición falecia Leonard Cohen....unha gran perda!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut