Skip to Content

Xornadas de Abril de Historia das Neves

Este luns 16 de Abril comezaron as Xornadas de Historia das Neves. Organizadas polo Concello, comezaron cunha conferencia de Eduardo Méndez, arqueólogo e gran coñecedor do xacemento paleolítico de Porto Maior.
Continuarán coa época castrexa e romanización (a cargo do catedrático e tamén arqueólogo Francisco Calo Lourido), o vindeiro luns 23, e co petróglifo da Coutada, de Taboexa, polo historiador Xosé Lois Vilar, o luns 7 de Maio.

Plantación de árbores

Aproveitando unha tregua do tempo, despois de tanta chuvia continuada, en colaboración co voluntariado e Concello das Neves, realizamos a plantación das árbores e outras especies vexetais que nos quedaban. Fronte ao escenario do lume e da destrucción, plantamos vida e futuro. Grazas a todas e todos pola colaboración. Lumes Nunca Máis! Por un Monte Vivo!
Un agradecemento especial a Alejandra, exalumna deste instituto que, cos seus coñecementos técnicos, asumiu a función de coordinar todas as plantacións, subministrou as árbores e abonos e se encargou de que o realizado fose un éxito.

Revista o Serodio

Podedes descargar o segundo número do Serodio deste curso. Ten contidos variados e actuais. Un agradecemento expreso para o alumnado e profesorado colaborador. Animamos, unha vez máis,  á participación nesta iniciativa normalizadora da lingua.

Viaxe ao Courel

Un curso máis o noso alumnado e profesorado fixeron durante catro días a visita pedagóxica ao Courel, percorrendo puntos fundamentais da historia de Gallaecia (Lugo, Médulas, etc). Un ano máis, historia e paisaxe danse a man para que o noso alumnado goce co noso patrimonio material e inmaterial. Acompáñase un dossier fotográfico que visibiliza as distintas actividades e contidos traballados. Esta saída é a máis antiga do noso instituto, e na memoria colectiva está moi presente.
Agradecemos a colaboración do Concello de As Neves para esta viaxe pedagóxica.

Folga de alumnado o 19 de abril

Desde a Dirección infórmase de que o alumnado do IES Pazo da Mercé nos informou da súa participación na folga convocada polos sindicatos estudantís para o día 19 de abril de 2018. Os motivos polos que se unen á folga son:

  • Creación dunha Lei Galega de Educación que substitúa a LOMCE.
  • Deter a aplicación do 3+2 en Galicia.

 

Instrucións para a realización das ABAU

Hoxe, 16 de abril, publicáronse no DOG as instrucións para a realización das probas ABAU.Nelas indícase que materias son obrigatorias e cales pertencen á parte voluntaria, as cualificacións, as características e o deseño das probas, a avaliación...

Para teres toda a información preme no enlace: Resolución do 27 de marzo de 2018, conxunta da Secretaría xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesioran e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2017/18, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2018/19.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut