Skip to Content

Concentración no centro

Esta mañá ás 11:30 horas o alumnado do centro e mais o profesorado e persoal non docente concentrouse durante 5 minutos para facer público o seu rexeitamento polos incendios que afectaron durante esta fin de semana a toda Galicia e Portugal, e máis cando o concello das Neves foi un dos máis afectados e o propio centro, do cal ardeu toda a horta e mais os xardíns. Cómpre destacar que gran parte do noso alumnado sufriu as consecuencias do lume e veu como ardían plantacións, terras, xardíns, ferramentas de traballo, animais... Por todo o acontecido, nos concentramos e logo gardamos un minuto de silencio na escalinata do centro.

LUMES NUNCA MÁIS

 

Reanudación da actividade lectiva e concentración contra o lume

Desde a Dirección infórmase que, unha vez restablecido o suministro eléctrico, se reanudan as aulas mañá, mércores 18 de outubro, no horario habitual.

Así mesmo, convida a toda a comunidade educativa á concentración que se realizará ás 11:30 horas na escalinata do centro co fin de amosar a nosa repulsa do acontecido estes días no concello das Neves, no conxunto de Galicia e mais no país veciño, Portugal. Esperámosvos

 

SUSPENSIÓN DAS AULAS O MARTES 17 DE OUTUBRO

Anúnciase, tal e como indica a páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a suspensión das aulas no IES mañá martes: 

As clases permanecerán suspendidas durante a xornada de mañá no IES de As Neves, e no CPR Estudio en Nigrán

 

http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/25227/clases-permaneceran-suspendidas-durante-xornada-mana-ies-neves-cpr-estudio-nigran

 

 

SUSPENSIÓN DAS AULAS, LUNS 16 DE OUTUBRO

AVISO URXENTE! SUSPÉNDENSE AS AULAS DO LUNS, 16 DE OUTUBRO ANTE A GRAVE SITUACIÓN QUE SE VIVIU E ESTÁ A VIVIR NAS NEVES.

ÁNIMO A TODAS E A TODOS NESTE MOMENTO TAN DURO E TRISTE

Comunicación xeral enviada ás familias

Durante esta semana fíxolle chegar ao alumnado información referida ao curso escolar 2017/2018 para que esta lle fose entregada ás nais / pais / responsables legais. Nela incluíase información sobre: calendario escolar, días non lectivos, datas de avaliacións e informes trimestrais, xustificacións de faltas de asistencia, Abalar Móbil, etc.

Aquelas persoas que desexen descargar a aplicación de Abalar Móbil poden facelo desde https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2017 - 2018

O día 15 de setembro comezamos o novo curso escolar 2017/2018. Tras o merecido descanso do verán, agora toca de novo a volta ao instituto. 

As aulas comezan en horario normal, de 9:00 a 14:40 horas -ao se tratar dun venres. Ao ser o primeiro día, recibiremos ao alumnado de 1º ESO en Usos Múltiples, xunto coas súas familias, para lles presentar aos titores e que estes os acompañen ás súas respectivas aulas. Esperamos que a etapa que comezades sexa do máis feliz e proveitosa.

Boa volta a todas e a todos!

Distribuir contido


by Dr. Radut