Música

ERASMUS +

                                                                                                                                         

O  IES do Milladoiro está a participar nun programa Erasmus+, programa europeo no que participan sete centros de ensino e dous centros culturais baixo o título Euro a de repente. Os socios deste programa son, ademais do noso centro, outros dous galegos (o IES Marco de Camballón de Vila de Cruces e mais o CEIP Labarta Pose de Baio) e catro doutros países europeos: Madeira (Portugal), Iparralde e Córcega (Francia) e Tortona (Italia). A coordinación lévase desde  o CFR da Coruña, delegación de Vimianzo.

 

Con este programa vaise coñecer o panorama actual da improvisación oral en Europa e mais difundir o estado das diferentes manifestacións do repentismo.


Nesta semana comezou a  primeira visita a Madeira, polo que dous docentes do IES do Milladoiro se desprazaron durante catro días ata a illa para avanzar in situ neste obxectivo. Realizáronse numerosas entrevistas e gravacións a persoas de moi diferentes idades para compoñer un documentario que visibilice cal é a situación actual do repentismo nesta illa portuguesa. Este é o primeiro material audiovisual que conforma o conxunto de vídeos que se expoñerán no final do proxecto para o alumnado.

FELICITACIÓN

 

PANXOLIÑA 2021/2022

SANTA ICÍA NO IES DO MILLADOIRO. DÍA DA MÚSICA

No IES do Milladoiro conmemorouse a celebración do Día da Música (na onomástica de Santa Icía) coa celebración dun concerto na biblioteca, que todos puidemos desfrutar o pasado luns, 22 de novembro, grazas 'a participación de:

Dora Iglesias Bermúdez. 1º ESO A

Anxo Gómez Piñeiro. 2º ESO E

Diego Jiménez Jiménez. 4º ESO A

Simón Jiménez León. 4º ESO A

Alejandro Buela Pampín. 4º ESO B

ECOPERCUSSIÓN

Organizado polo Departamento de Música e coordinado polos profesores Xoana Paredes e José Luis Lorenzo, o alumnado de 2º da ESO, baixo o título de "Ecopercussión" realizou, o xa tradiconal, obradorio de percusión con material de refugallo. Podedes ver un anaco desta actividade no seguinte video:

Festa da música no IES

Onte, 21  de  xuño, o noso   IES celebrou a  Festa  da música.  Trátase  dunha  festa  na que os  músicos  tocan  gratuitamente  en  espazos  diversos  e  nos  que  non é  habitual  a interpretación  musical: rúas, parques  públicos, hospitais, museos... O  departamento de  Música  quixo  sumarse  a esta  iniciativa coa  organización  de concertos  na  biblioteca  durante os  dous  recreos, concertos  nos  que  se puxo de  manifesto que  contamos  con  grandes  artistas  entre  o  alumnado.

Obradoiro-concerto de García Mc

O  pasado  22 de  decembro  o  alumnado de 2º de  bacharelato  participou  activamente nun obradoiro  sobre  música  a  cargo   de  García Mc, referente  na  música  galega. Ademais, puido  gozar  da  interpretación  en directo  dalgunhas  das  cancións  do  artista.

A  actividade  tivo  lugar  na  Casa da  Cultura  do  Milladoiro  e  foi  organizada polo  EDLG  en  colaboración  co  departamento de  Música.

Taller de percusión con material de refugallo

Hoxe, 11  de novembro,   estivo no  centro  unha  vez  máis  o  profesor  Didier  Díaz  Madan, membro do  colectivo  Ecopercussion, que  traballa  a percusión con  material  de  refugallo. O  alumnado  de  3º  de  ESO, en  diferentes  quendas,  tivo   oportunidade  de  gozar  dun  obradoiro  de  percusión    na  pista  cuberta no  que  traballaron   a  coordinación  e  a  atención  entre  outras  habilidades. A  actividade  serviu  tamén  para tomar  conciencia  das  posibilidades  que  se  agochan  detrás  de  materiais  aparententemente    inservibles    cara  a creación  musical.

O  obradoiro    foi organizado  e  sufragado  polo  departamento de  Música.

 

Enreguéifate 2020

O  noso  IES  vén  participando  desde  hai  anos  no  certame  Enreguéifate  que organiza o concello  de  Ames  en colaboración con  outros municipios. Este  ano  o  proxecto  segue  adiante, aínda  que  a  través  da  rede. O prazo  de  inscrición no  concurso  está  aberto  ata o 29 de maio; trátase de pór  en práctica  a  arte  da  regueifa: a improvisación oral en  verso  e  en  galego. No blog  O  Millafaladoiro  atoparedes  toda  a información  ao  respecto.

AVISOS

Obradoiro de Danza contemporánea para a igualdade

 

O  xoves  levouse  a  cabo o  Obradoiro  de  Danza  contemporánea para  a  igualdade, tal  e  como  estaba  anunciado. O  alumnado  de  Música  de  1º  de  Bacharelato tivo  a oportunidade  de pór  en  prática técnicas  relacionadas  coa  expresión artística  da  danza  da  man  da  bailarina  e  coreógrafa  Xiana  Vilas. 

A  actividade foi  realizada  ao  abeiro  de  programa  IGUAL-SON  da  Secretaría  Xeral  de  Política  lingüística e organizada polo  departamento  de Música  en  colaboración co EDLG.

Taller de percusión con material de refugallo

 

Hoxe, 13 de novembro, o alumnado de 3º ESO A e 3º ESO C tiveron a oportunidade de gozar dun obradoiro de percusión na aula de música impartido polo profesor Didier Díaz Madan, do colectivo Ecopercussión. Este colectivo traballa a percusión con material de refugallo, de xeito que o obradoiro, ademais de traballar a coordinación e a atención entre outras habilidades, serviu para mostrar as posibilidades deste tipo de material para a creación musical.

 

 

Resultou ser unha actividade moi gratificante para o alumnado, que despediu ao profesor Didier cun gran aplauso.

Danza contemporánea para a igualdade

 

 O  vindeiro  xoves  o  alumnado  de  Música  de  1º  de  Bacharelato  participará  nunha  actividade  de  danza  levada  a  cabo  por  Xiana  Vilas, coreógrafa  e bailarina.

 

A actividade está organizada polo departamento de Música en colaboración co EDLG ao abeiro do programa IGUAL - SON que a Secretaría Xeral de Política Lingüística promove en execución do acordo de colaboración asinado entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura e Turismo, para a educación en igualdade entre homes e mulleres, que introduce mensaxes positivas de rexeitamento de condutas machistas en desenvolvemento das actuacións do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, NÓS CONTRA A VIOLENCIA.

SETEMBRO

PENDENTES

MATERIAIS DE 2º ESO

MATERIAIS DE 3º ESO

MATERIAIS de 4º ESO

MATERIAIS DE 1º BACH.

DIRECTORIO DE RECURSOS DO DEPARTAMENTO DE MÚSICA

Distribuir contido