Hoxe, 11 de novembro, estivo no centro unha vez máis o profesor Didier Díaz Madan, membro do colectivo Ecopercussion, que traballa a percusión con material de refugallo. O alumnado de 3º de ESO, en diferentes quendas, tivo oportunidade de gozar dun obradoiro de percusión na pista cuberta no que traballaron a coordinación e a atención entre outras habilidades. A actividade serviu tamén para tomar conciencia das posibilidades que se agochan detrás de materiais aparententemente inservibles cara a creación musical. O obradoiro foi organizado e sufragado polo departamento de Música.
|
|||