Educación Física

3º e 4º ESO - INDICACIÓNS PARA O EXAME DE SETEMBRO 2016

O Exame de setembro consistirá en dúas partes, unha teórica e outra práctica.

- Parte teórica: exame onde se avaliará os coñecemento reflectidos nos apuntamentos colgados no apartado de Educación Física que fagan referencia ao curso a avaliar.

- Parte práctica: entregar un traballo dun quecemento coas tres partes ben identificadas e levalo á práctica no ximnasio, a continuación realizar a proba dos 25 minutos de carreira continua 3º ESO e 30 minutos 4º ESO (o alumnado que xa ten superada esta proba ao longo do curso non ten que realizala).

2º ESO - INDICACIÓNS PARA O EXAME DE SETEMBRO E APUNTAMENTOS PARA A PROBA TEÓRICA

O Exame de setembro consistirá en dúas partes, unha teórica e outra práctica.

- Parte teórica é un exame onde se avaliará o coñecemento reflectidos nestes apuntamentos.

- Parte práctica: entregar un traballo dun quecemento coas tres partes ben identificadas e levalo á práctica no ximnasio, a continuación realizar a proba dos 20 minutos de carreira continua (correr 20 minutos seguidos sen acadar ningún tempo estipulado).  O alumnado que xa ten superada esta proba ao longo do curso non ten que realizala.

4º ESO - APUNTAMENTOS VOLEIBOL

1º ESO - INICACIÓNS PARA O EXAME DE SETEMBRO E APUNTAMENTOS PARA A PROBA TEÓRICA

O Exame de setembro consistirá en dúas partes, unha teórica e outra práctica.

- Parte teórica: exame onde se avaliará o coñecemento reflectidos nestes apuntamentos.

- Parte práctica: entregar un traballo dun quecemento coas tres partes ben identificadas e levalo á práctica no ximnasio, a continuación realizar a proba dos 15 minutos de carreira continua (correr 15 minutos seguidos sen acadar ningún tempo estipulado). O alumnado que xa ten superada esta proba ao longo do curso non terá que realizala.

3º ESO - APUNTAMENTOS BALONCESTO

A NEVE EN FOTOS!!

4º ESO Apuntamentos 2º trimestre

3º ESO Apuntamentos 2º trimestre

1º BACHARELATO 2º TRIMESTRE

FESTIVAL DE NADAL

 

FESTIVAL DE NADAL

                     

 

1º ESO: Actividades físico-deportivas na túa contorna

Tal como vos comentei na clase, aquí vos deixo a relación de actividades físicas e deportes cos que imos traballar. Ademais, xa fixen a distribución por grupos das modalidades sobre as que tendes que recoller información. Utilizade para iso os anexos que quedan nesta entrada e a propia información que vós poidades obter polos vosos medios.

O primeiro anexo (UD_3_DEPORTES_CONTORNA) é a información que xa lle pasei a cada grupo. Se queredes ter unha copia, descargádea tamén.

2º ESO: Unidade didáctica Condición Física - Teoría + Ficha de traballo

1º ESO: Unidade didáctica Condición Física - Teoría + Ficha de traballo

1º ESO: Fotos actividade en Galipark

Aquí vos deixo unha recopilación dos "mellores momentos" da nosa xornada en Galipark. Magoa non ter fotos de todos vos, pero polo menos, queda unha pequena mostra.

4ºESO - APUNTAMENTOS 1º TRIMESTRE

3º ESO - APUNTAMENTOS 1º TRIMESTRE

1º BACHARELATO: DOCUMENTOS PARA FACER O TRABALLO DO 1º TRIMESTRE

1º-2º ESO: Ficha para os alumnos que NON REALIZAN práctica

Ficha de traballo para as sesións onde o alumn@ non poida realizar práctica. Lembrade que están recollidas e comentadas todas as circunstancias que xustifican a non participación na clase de Educación Física. Polo xeral limítanse a problemas médicos CON XUSTIFICACIÓN. As demais circunstancias valoraranse con cada alumno e, polo xeral, conlevan algún tipo de penalización.

Os alumn@s con xustificación médica teñen que traer á clase as fichas necesarias para cumplimentar as sesións. Serán recopiladas e ordeadas para ser entregadas ó profesor unha vez que este o indique. As fichas estarán dispoñibles nesta web e na fotocopiadora do centro

O resto dos alumnos, cando saiban que non van a facer clase, terán que acudir cunha ficha, preparados para cumplimentala durante o desenvolvemento da sesión.

1º-2º ESO: O quecemento

Aqui vos deixo os apuntamentos sobre a unidade didáctica que estivemos vendo nos pasados dias. Ademais, tamén vai incluida unha ficha-guión para preparalo traballo que tendes que presentar nas vindeiras sesións. En clase, sortearemos a orde de exposición.

RECREOS ACTIVOS!! A partir de outubro

 Cubre o modelo de autorización que se xunta neste enlace se queres participar nas actividades de PANKOUR e habilidades ximnásticas.

 

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

1º recreo

 

 

 

 

 LIGA DE DEPORTES (organizado por 1º BACH)

Apuntarse e seguir as ligas no taboleiro do alumnado (planta intermedia)

 

  LIGA DE DEPORTES (organizado por 1º BACH)

Apuntarse e seguir as ligas no taboleiro do alumnado (planta intermedia)

  LIGA DE DEPORTES (organizado por 1º BACH)

Apuntarse e seguir as ligas no taboleiro do alumnado (planta intermedia)

  LIGA DE DEPORTES (organizado por 1º BACH)

Apuntarse e seguir as ligas no taboleiro do alumnado (planta intermedia)

LUGAR

 

Patio cuberto

Patio cuberto

Patio cuberto

Patio cuberto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2º recreo

 

 XORNALISTAS DO IES DO MILLADOIRO

Quen queira formar parte do Equipo de normalización lingüística e facer unha “revistiña” do ies.

 

 XOGOS DE MESA

Quen queira pasar un bo momento xogando ao xadrez, parchís, cartas, etc.

 PREPARAR ACTUACIÓNS

PARA FESTIVAIS

Quen queira preparar unha coreografía musical para o festival de Nadal

 PARKOUR

XIMNASIA ARTÍSTICA

 

Quen queira practicar saltos, volteos, equilibrios…

LUGAR

 

Aula de informática (Planta baixa)

Desdobre 1 (Planta intermedia)

Ximnasio (Necesario calzado apropiado)

Ximnasio (Necesario calzado apropiado)

ABRIUSE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA 38 CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE SANTIAGO 2015

O alumnado interesado ten que poñerse en contacto co profesorado de E.F. do IES do Milladoiro se quere facer a incripción a través do centro.

Festival Nadal 2014

Distribuir contido