RESOLUCIÓN DEFINITIVA DOS CONTRATOS-PROGRAMA 2017/2018

Os contratos-programa son unha iniciativa de innovación educativa posta en marcha dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para ofrecer aos centros de ensino público unha estratexia de mellora da calidade do ensino. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de conceder ao IES do Milladoiro as catro actuacións dos contratos-programa solicitadas para o curso 2017/18:

a)    Programa Proa (acompañamento escolar fóra do horario).
b)    Mellora da convivencia e promoción da igualdade.
c)    Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar.
d)    Mellora da calidade na xestión dos centros.

RESOLUCIÓN CONTRATOS-PROGRAMA CURSO 2017/18