COMEZOU O PROCESO DE RESERVA DE PRAZA (en Ventín, do 1 ao 17 de febreiro)

Informamos de que estamos en prazo (entre o 1 e o 17 de febreiro) para que o alumnado de 6º do CEP de Ventín (centro adscrito) presente en Ventín a súa Reserva de praza para o noso IES. Tras iso, coas prazas que queden vacantes, abrirase para todo o resto de alumnado interesado o proceso de Admisión (entre o 1 e o 20 de marzo), sobre o que proximamente publicaremos toda a información relevante.

Recórdase que a realización desa reserva ten carácter vinculante e é incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro (salvo renuncia expresa e por escrito á reserva previamente feita, presentada neste IES antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión —1 de marzo—).

O alumnado que xa é do noso Centro non ten que facer ningún destes trámites (nin o de Reserva nin o de Admisión).

Máis información na propia aplicación de admisións ou na web da Consellería.