RESOLUCIÓN DEFINITIVA DOS CONTRATOS-PROGRAMA 2016/17

Os contratos-programa son unha iniciativa de innovación educativa posta en marcha dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para ofrecer aos centros de ensino público unha estratexia de mellora da calidade do ensino. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de conceder ao IES do Milladoiro as catro actuacións dos contratos-programa solicitadas para o curso 2016/17:

a)    Programa Proa.
b)    Mellora da competencia matemática: programa “Anaquiños matemáticos”.
c)    Mellora da convivencia e promoción da igualdade.
d)    Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar.