ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021. CALENDARIO ELECTORAL

 

Hoxe martes, 2 de novembro procedeuse á constitución da xunta electoral, responsable da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, que terá lugar neste mes de novembro.  Na mesma aprobouse o calendario electoral , que queda establecido cas seguintes datas:

Mércores, 13 de outubro de 2021

  • Publicación da data e hora nas que se efectuará o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral.

Martes,  26 de outubro, 10:30 h

  • Sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral.

  • Envío de citacións para a constitución da Xunta Electoral.

Martes,  2 de novembro, 16:30 h

  • 1ª reunión da Xunta Electoral.



  • Constitución da Xunta Electoral.



  • Aprobación do calendario electoral.



  • Publicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesorado, pais/nais, persoal de administración e servizos e alumnado.



  • Publicación provisional dos censos dos sectores educativos citados.



  • Establecemento do prazo de presentacións de reclamacións ó censo. Presentaranse na secretaría, dirixidas ó presidente da Xunta Electoral.



  • Envío de escritos ó Concello e ANPA (e organizacións empresariais) solicitándolles a designación dos seus representantes.



  • Envío de escritos ós sectores de pais/nais e alumnado coa convocatoria do seu sector.

Xoves. 4 de novembro ao  venres, 12 de novembro (ata ás 14 h)

  • Prazo de presentación de candidaturas nos diferentes sectores. Presentaranse por escrito na secretaría do centro en formulario disposto para ese efecto.

  • Reclamacións ó censo electoral. Presentaranse por escrito na secretaría.

Martes 16 de novembro

  • 16:30 h: 2ª reunión da Xunta Electoral.

  • Aprobación definitiva de censos electorais, unha vez resoltas as reclamacións.



  • Proclamación e publicación de candidaturas por sectores de representación. 



  • Apertura do prazo de reclamacións, que é de 2 días naturais.



  • Aprobación de modelo de papeletas dos distintos actos electorais.



  • Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais.



  • 12:30 h. Reunión do Claustro do profesorado: lectura de normas, relación de candidaturas, acordo de convocatoria de claustro extraordinario o día das eleccións.

Mércores, 17 a luns, 22 de novembro

  • Campaña electoral nos diferentes sectores.

Martes, 23 de novembro

Realización das votacións:

  • Nais/pais/titores legais do alumnado, de 16:00 a 19:00 h

  • Alumnado,

9:00 – 10:30

1º ESO. 2º ESO

   
   

10:50 – 12::30

3º ESO. 4º ESO. 1ºBacharelato

   
   

12:50 – 13:15

2º Bacharelato

13:15

RECONTO

  • Profesorado, ás 12:30 h; claustro extraordinario para a elección.

Mércores, 24 de novembro, 12:30 h

  • 3ª reunión da Xunta Electoral:

  • Proclamación de candidatos/as electos.

  • Traslado ó xefe territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria das copias de actas das votacións efectuadas.

Xoves, 2 de decembro

  • Reunión de constitución do novo Consello Escolar.