Bolsas para o alumnado que curse ensinanzas postobrigatorias durante o curso 2020-2021

No  BOE  do  8  de  agosto  de 2020 vén  de  publicarse  a  convocatoria  de  bolsas para  os  estudantes  que  no curso  académico 2020-2021 cursen  ensinanzas postobrigatorias, entre  elas 1º e 2º de  bacharelato, Formación Profesional de  grao medio ou  superior  e  Formación Profesional  básica. A  solicitude  deberase  realizar mediante  o formulario  accesible  por  vía  telemática a  través  da  sede  electrónica  do  Departamento  na  dirección https://sede.educacion.gob.es ou  en  www.educacionyfp.gob.es. O prazo  de  presentación  de  solicitudes  vai  do 9 de  agosto  ata  o  1 de  outubro de 2020 no caso  das  ensinanzas  especificadas  anteriormente. Neste enlace  atópase toda a  información   relativa  a como facer a  solicitude.