Recollida do material deixado no centro

Segundo se recolle  na  resolución  do 22  de  maio do 2020 da  Consellería  de  Educación,  Universidade  e  Formación Profesional pola que  se  reinicia  a  actividade  lectiva  presencial no  curso 2019-2020, xa  se pode proceder á recollida  do  material  deixado  no  centro por parte  do  alumnado que  non  ten  actividade  académica presencial. A  estes  efectos  e  coa  finalidade  organizar   a  recollida  establécese  o  seguinte  horario:

  • Hora Martes 26 Mércores 27 Xoves 28 Venres 29 Luns 1
    9.30-10.30 2º ESO D/E
    1º  ESO A 3º  ESO A 4º ESO A 1º  BAC  A
    10.30-11.30 2º ESO C
    1º  ESO B 3º  ESO B 4º ESO B 1º  BAC  B
    11.30-12.30 2º ESO B
    1º  ESO C 3º  ESO C 4º ESO C  
    12.30-13.30 2º  ESO A
    1º  ESO D 3º  ESO D/E    

Debido  a que son os  alumnos/as  os  que  coñecen o posto  que  ocupaban na  aula  de  referencia  e  tendo  en conta  o  traslado  a outras  aulas  en  momentos puntuais, deben  ser  eles  os  encargados  de  recoller  o material. Non  obstante, se  o  que  se  precisa  é  recoller  unicamente  o  material  deixado  nas  taquillas  é  suficiente con que  veñan  os  responsables, que  terán  que  saber  o número  de  taquilla  e  traer  a  chave  correspondente.

No  caso  de  que  alguén non puidese  acudir  no horario  asignado, terá  que  chamar  ao  centro para  solicitar  cita  previa e poder  vir  a  partir  do martes  2  de  xuño.

Tanto no  acceso  ao  centro  coma  dentro  do mesmo   respectarase  unha  distancia  de  seguridade non inferior  a dous metros  e  portarase  máscara.