Rematan os "Anaquiños matemáticos" deste curso

Ao longo deste curso, a Área de Didáctica da Matemática da Facultade de Ciencias da Educación da USC, en colaboración co programa Conecta-Aleida, realizou  no noso centro a actividade Anaquiños matemáticos  co alumnado de 1º ESO seleccionado polo departamento de Matemáticas do centro. Esta actividade tivo lugar en sesións quincenais dunha hora de duración. A última, coa realización dun kahoo, foi o mércores 29 de maio. Despedímonos ata o vindeiro curso!