Xornada sobre "Prevención de condutas adictivas e promoción da saúde na adolescencia"

O vindeiro 15 de maio o Concello de Ames e a Universidade de Santiago organizan unha xornada sobre "Prevención das condutas adictivas e promoción da saúde na adolescencia". O acto, que se celebrará no Salón de Actos do IES do Milladoiro entre as 16:15 e as 20:00 horas, está aberto a todas as persoas interesadas. Presentaranse as conclusións do estudo da USC sobre inquedanzas, intereses, hábitos de lecer e consumo, o uso da internet e as redes sociais do alumnado de todos os centros educativos de Ames.