Hackatón en Silleda

Un hackatón é un evento colaborativo, de intercambio de ideas, realizado nun curto espazo de tempo. O pasado 10 de abril, o alumnado de 2º D da ESO, participante no proxecto EpD_LAB de AGARESO, xuntouse en Silleda co dos outros centros que forman parte deste proxecto, para celebrar un "Hackatón" en contra das noticias falsas sobre as migracións. 

Despois de coñecérense grazas a unha serie de dinámicas de grupo, os/as estudantes dos distintos centros tiveron a ocasión de elaborar toda unha serie de materiais audiovisuais para concienciar sobre a importancia da loita contra o discurso xenófobo. Deron renda solta á súa creatividade deseñando memes, gifs, etc. cos que combater o discurso do odio e as noticias falsas que circulan polas redes sociais nos últimos tempos.

Este curso participaron neste proxecto conxunto o IES Pintor Colmeiro (Silleda), o IES Carlos Casares (Viana do Bolo),  o IES Illa de Ons (Bueu), o IES Castro Alobre (Vilagarcía) e o IES do Milladoiro (Ames).

O programa A revista da TVG fíxose eco deste evento: ENLACE  (minuto 12 e minuto 45)

Na prensa: Faro de Vigo, La Voz de Galicia.

 

 

HACKATÓN 2019