Enquisa da USC

O IES de Milladoiro colabora co Concello de Ames e a Universidade de Santiago de Compostela na realización dun estudo sobre as inquedanzas, intereses, hábitos de lecer e consumo das nosas alumnas e alumnos, así como tamén do seu o uso da Internet e as redes sociais. Ese estudo estará baseado, entre outras, na análise dunhas enquisas que nos gustaría realizase todo o alumnado do centro o vindeiro luns 25 de marzo. O cuestionario, que estará ao coidado de persoal da USC, será ANÓNIMO (en ningún momento se vai pedir o nome nin outros datos persoais) e totalmente  CONFIDENCIAL, polo que nos gustaría contar coa participación de todas/os. A colaboración é VOLUNTARIA. Se prefiren que por calquera razón as/os súas/seus fillas/os non participen no estudio rogamos que nolo comuniquen.