Youtubeir@s

O luns 17 de marzo o alumnado de 3º ESO seleccionado polo EDLG tivo unha charla para coñecer o concurso Youtubeir@s e para animalo a participarOs premios Youtubeir@s teñen como finalidade ser acicate da creación e difusión de vídeos de opinión e videotitoriais en galego. Procuran a súa promoción e visibilización a través da Rede, así como o recoñecemento daqueles de maior creatividade, calidade técnica, eficiencia comunicativa e calidade lingüística.